Personalizar o blog

Cando entramos en Blogger saenos o escritorio, desde onde podemos ver o blog ou blogs  que teñamos creados na conta Gmail. A esquerda aparece o  teu nome, e ofreceche a opción de modificar o teu  Perfil ou poñer unha foto que o represente.
O que identifica a cada Blog no  escritorio é o Título que lle púxeches  (non a  súa dirección web).

Agora para  personalizar o blog dámoslle un  clic en Configuración, outro  na pestaña Diseño e un terceiro clic en Diseñador de Plantillas.

Ollo!. É mellor facer as modificacións antes de comezar o blog ou cando estea pouco avanzado. Porque ao cambiar o formato cando o blog está moi adiantado, os gadgets poden desordenarse e as imáxes tamén poden quedar demasiado grandes para as columnas laterais, etc.

Plantilla
Para escoller unha plantilla  elexímos un motivo, por exemplo Sencillo, logo escollemos  un dos diseños que saen abaixo.




Fondo
Aquí é desde onde podes cambiar as cores do fondo do blog. Tamén podes quitar a imaxe do fondo ou cambiala por outra.



Tes unha morea de imaxes para escoller, pero si queres poñer de fondo unha imaxe que ti teñas no ordenador, podes facelo na opción Subir imagen. Seleccionas o archivo que desexas (procura que non teña máis de 300 Kb). Ao facer clic en Finalizado a imaxe elexida quedará como fondo do corpo do blog. Tes outras opcións que che deixan Alinear a imaxe escollida ou repetila en Mosaico para que che ocupe toda á páxina.




Diseño:
Dende aquí podes elexir cómo será o corpo do blog, podes dárlle 1, 2, 3 columnas laterais ou ata ningunha se queres. Fíxate ben no diseño e escolle a que che pareza mais apropiado para o blog.




Axustar ancho.
Dálle o ancho ó blog completo e a cada unha das barras laterais.


Avanzado
Nesta parte podes personalizar os textos (elexindo a letra , tamaño, cor), podes cambiar as cores do fondo, as cores dos enlaces,etc.


Cando elixas as cores, debes ter en conta que as cores do fondo e dos textos deben resaltar para que se poda ler ben cada entrada. Por exemplo; se o fondo é oscuro, a letra debe ser  clara.
Os tamaños da letra non debes facelos nin moi grandes nin esaxeradamente pequenos para que as personas que teñen  corta a visión poidan ler sen dificultade.
Poñer imáxes está ben, xa  que chaman  atención do usuario, pero non esaxeres a menos que teñas unha coleccion de imáxes para que os usuarios as descarguen.

0 comentarios:

Publicar un comentario