Crear o blog

Agora que  temos unha conta GMAIL xa podemos entrar en BLOGGER e comezar a crear un blog.

Dálle un clic en Comenzar.

Completas o formulario que che aparece a continuación coa dirección completa do correo electrónico de Gmail e a contraseña que creache. Onde pon  Mostrar nombre, podes poñer o nome ou un apodo polo que queiras que se che recoñeza.
En Verificación da palabra debes escribir as letras tal como aparecen. 
Despois fas clic en Continuar.
Esta ventá é moi importante porque vas a elexir o Título  e a dirección web para o blog. A dirección que elixas, tes que ver en Comprobar la disponibilidad, para ver se non está xa collída. Asi que tes que pensar ben do qué tratará o teu blog antes de elexir un título e unha dirección web.


Logo verifíca a palabra que che pide e dálle clic en Continuar.
Aquí podes escoller a plantilla que máis che guste sen problema, porque  no caso de que non te convenza moito pódela cambiar ou modificar cando queiras.

Vólvelle a dár un clic en Continuar.
Na seguinte páxina aparece o blog creado e xa podes publicar o primeiro artículo ou personalizar o diseño do blog.

0 comentarios:

Publicar un comentario