Crear unha conta GMAIL

¿Por qué unha conta GMAIL? Porque o blog que imos facer é de Google, e o correo electrónico de Google é Gmail. Asi que se non o tes unha conta entras nesta dirección para creala  http://www.gmail.com/


Nesta páxina fas clic en Crear una cuenta.



Les ben o que che pide e completas o formulario. No Nombre de registro vai o que será a túa  dirección de correo electrónico, por exemplo; jujobaca@gmail.com (sendo jujobaca o meu nome de usuario elexido). Lembra ser algo orixinal, por que  pode ser que o nome que elixas  xa exista, asi que proba con números, abreviaturas, etc. Despois dálle ao botón comprobar disponibilidad, para ver se ese nome que elexiches está libre para utilizalo, se che dí que non, tes que pensar noutro.
Completa o formulario ata lograr ter a túa conta. Apunta nunha libreta  o usuario e a contraseña elexidas, porque se o esquences non podrás  entrar no  Blog.


0 comentarios:

Publicar un comentario