Poñerlle outra plantilla ao blog

Hai que contar con que as plantillas descargadas da web, son creadas por particulares e pode que teñan fallos que fagan que non funcione ben o blog.  Conven  descargar varias e ir probando se  funcionan sen problemas.

Aquí podes escoller  plantillas gratis:
http://btemplates.com/




Nesta páxina podes elexir de cantas columnas  queres a plantilla, de que  cor, etc. Cando atopes unha plantilla que che gusta e lle vai ben ao blog , dáslle un clic sobre Download (Descarga).





Na ventá que aparece dás clic en  Aceptar.
A plantilla queda gardada como un archivo comprimido (Zip).
Abres a carpeta onde a gardaches e dás clic co botón dereito do ratón  sobre o archivo. Do menú emerxente fas clic en Extraer aquí. Aparece unha carpeta co mesmo nome que o archivo comprimido, así que este podes eliminalo.



Dentro da carpeta hai archivos de texto e un archivo XML (este último é a plantilla).
Lembra que desta maneira podes descargar na carpeta tódalas  plantillas que queiras.

Agora hai que subila ó blog.
Entras en Diseño.



Un clic na pestaña Edición de HTML.
Se tes entradas e gadgets, e mellor gardar a primeira plantilla facendo clic en Descargar plantilla completa, e asi xa nos queda gardada na carpeta que escollas. No caso de perder información, orden ou non te convence moito a plantilla nova, podes recuperar a anterior.
Logo dás clic en Examinar.





Buscas a carpeta onde gardache a plantilla descargada, seleccionas  a plantilla XML e dáslle un clic en Abrir.









Fai clic en Subir
Podeche avisar que conven pulsar Mantener Widgets. (Os Widgets son  aplicacións ou programas. Os Widgets de escritorio ou neste caso os do blog, son os coñecidos como Gadgets).





Dálle a Vista Previa e se o que ves che gusta xa podes dárlle a Gardar Plantilla. Ten a boa costume de usar sempre a vista previa.


Estas son unhas plantillas  modificadas duns blogs nos que participo.








0 comentarios:

Publicar un comentario